español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Festival Solidario de Mans Unidas

01.03.2015 - 01.03.2015

O vindeiro domingo 1 de marzo no auditorio Carmen Estévez, festival benéfico de «Mans Unidas» ás 20.00h con entrada única de 5€, as entradas xa están a venda por voluntarios e membros de Mans Unidas e o mesmo día da actuación a partir das 17.00h en taquilla.

Este festival benéfico pretende recaudar fondos para levar a cabo dous proxectos que se están a desenvolver neste momento: “Ampliación do programa de prevención do tráfico de mulleres” que se levará a cabo en Basalore, distrito de Jaleswar, estado de Odisha, ao nordeste da India, e a “Compra dunha máquina de Raios X para un hospital rural, Villa María” no condado de Kalungu, distrito de Masaka, ao sueste de Uganda.

Contan coa colaboración do: grupo de Danza moderna de Vilalba, a máxia de Xóse Manuel Carballo e Oscar Bello, diálogos de Estrella Naseiro e Carmen Gómez Mato, música de Mini e Mero de “Aquenlla”, e presentado por Martiño Maseda e María Xosé Lamas.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383