español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

La noche del Gospel, ABATAANO

14.03.2015 - 14.03.2015

“La Noche del Góspel” terá lugar o sábado 14 marzo ás 20.30h no auditorio Carmen Estévez, o prezo da entrada é de 8€, en forma de donativo para este acto solidario.
Tratase dun extraordinario concerto de góspel a cargo do grupo Aba Taano, pertencente a ONG Música Para Salvar Vidas. MPSV é un proxecto humanitario que axuda a nenos e nenas ugandeses a crear un futuro digno por medio da música e a danza.
Aba Taano son profesionais da voz, concretamente un sexteto a capella, coñecidos tanto a nivel nacional como internacional grazas ás súas increíbles voces e ás súas numerosas e importantes xiras.
As entradas estarán a venda só o día da actuación, a partir das 17.00h na taquilla do Auditorio Carmen Estévez.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383