español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

A miña primeira viaxe

25.09.2015 - 25.09.2015

O venres 25 de setembro, a Biblioteca Municipal de Vilalba ás 18.00 h. acolle un contacontos a cargo de Xarope Tulú “A miña primeira viaxe”, dirixido para nenos e nenas en idades comprendidas de 4 a 10 anos.

Con entrada libre, ata completar aforo.

Actividade englobada no programa de Cultura no Camiño 2015, promovida por AGADIC e a Axencia de Turismo de Galicia.

Sinópse.

A miña primeira viaxe é a historia do comezo, do nacemento da vida. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido. Non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.

Unha vella maleta transformada nunha caixa de luz focaliza a mirada do que observa. Unha actriz que conta e canta un relato de procura da propia identidade, e un músico que dialoga coa linguaxe onírica do propio relato; son as pezas fundamentais desta viaxe, da primeira de tódalas viaxes.

Esta peza teatral é unha adaptación do libro, do mesmo título, escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012.

Duración 50 minutos.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383