español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Os Bolechas na Máquina do Tempo

20.09.2015 - 20.09.2015

“Os Bolechas na máquina do tempo”, actividade lúdica e didáctica enmarcada no programa Falaredes 2015 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, terá lugar o día 20 de setembro ás 12:45 horas no Auditorio Carmen Estévez con entrada gratuíta.

O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais, que dan vida aos “Bolechas adultos” e ao Dr. Apolodoro.

Aínda que se trata dunha proposta de lecer para toda a familia, os contidos están especialmente adaptados a escolares de educación infantil e primaria.

A entrada é gratuíta ata completar aforo. A duración media da función está arredor dos 60 minutos.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383