español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Avelaíña Teatro, ” …E dín que Chove”

07.11.2015 - 07.11.2015

O sábado 7 de novembro de 2015, Avelaíña Teatro pon en escena no Auditorio Municipal Carmen Estévez a montaxe “e dín que chove”. Nela vertébrase música, canción e danza, posesía e imaxe, relato e interpretación, nun espectáculo que tenta ser totalmente completo.


Sinopse.

“…e din que chove!” aborda o tema do mundo actual con textos de Afonso Becerra, Manuel Ayán, Octavio Paz, Pablo Neruda e Vanesa Sotelo. E presenta cadros sintomáticos de patoloxías graves que está a padecer a sociedade dirixida polo credo neoliberal, co poder financeiro ao temón.

Tenta provocar a reflexión lúdica sobre a ansiedade coa que os valores se polarizan na monetarización da vida, as estratexias do furto legal, os contubernios para o pelotazo, a xestión politico-económica como xogo de bazas nos dedos de trileiros, a asimilación dos sindicatos, o drama da mocidade, a cidadanía paralizada polo temor, que se agacha na tristura e no lamento para non irritar o instinto asasino que circula polas arterias do sistema …

A perspectiva do cadaleito baleiro, que preside o escenario da vida e agarda paciente o seu momento, saca a luz o absurdo da amargura innecesaria na que se remexe a efémera existencia.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20.30h

Entrada Gratuíta


Idioma:

galegocastellano

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383