español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Uxía Canta a Manuel María.

14.05.2016 - 14.05.2016

Andando a terra. Uxía canta a Manuel María.

Este espectáculo é o gozo sinxelo dun canto ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano, un home que andou esta terra, parroquia por parroquia, lugar por lugar, face a face. Seguindo o seu exemplo, Uxía arroupa a súa poesía coa delicadeza das melodías que foi atopando nos camiños, coa luz, a beleza, a paixón e o latexar sinceiro da emoción que emana dos seus poemas, amando cada palabra, cada verso e cada nota para poñer en valor o seu valiosísimo e prezado legado. Uxía percorre os diversos camiños e temáticas poéticas de Manuel María, desde a amorosa e intimista, á paixasística e popular, desde a máis transcendente e metafísica até a reivindicación da natureza ou a defensa da lingua.

Sábado 14 de maio, no auditorio Carmen Estévez ás 20.00h con entrada de balde.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383