español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Todo me fala de ti.

18.06.2016 - 18.06.2016

Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha nun concerto pensado para nenos e nenas de máis de 5 anos e para as súas familias.

‘Todo me fala de ti’ ofrécenos, pois, temas bonitos e doados de aprender que se desfrutarán durante o concerto e que, con seguridade, se seguirán cantando na casa para que o galego estea presente no espazo familiar unha vez rematada a actividade.

Baixo xestión de Urdime, o espectáculo de dinamización lingüística baseado no proxecto editado por Galaxia chega a Vilalba o sábado 18 de xuño ás 18.00h no auditorio Carmen Estévez, con entrada de balde.


Espectáculo que pertence ao programa FalaRedes 2016 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383