español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Presentación do libro “Labrego con algo de poeta”.

17.06.2016 - 17.06.2016

O vindeiro 17 de xuño, ás oito da tarde, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro LABREGO CON ALGO DE POETA. Biografía de Manuel María, do que é autora a profesora, escritora e secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas. O acto, coordinado por Martiño Maseda, contará coa participación da escritora vilalbesa María Xosé Lamas, de Arturo Ponte, en representación da Editorial Galaxia, a encargada da publicación da obra, e da propia autora. Entre eles manterán unha charla na que achegarán ao público asistente aspectos da personalidade tan completa e cativadora, como é a de Manuel María, o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383