español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Carapuchiña vermella. Musical

23.08.2016 - 23.08.2016

O martes 23 de agosto, no auditorio Carmen Estévez ás 19.00 h. teremos o musical de Carapuchiña Vermella a cargo de Educa Teatro Producións, actividade dirixida ao público familiar e gratuíta.

Ata completar aforo, con entrada libre.

Sinópse.

Carapuchiña é unha nena duns 9 anos. Certo día, a súa nai encárgalle ir á casa da súa avoa para levarlle unha cesta con froita, un tarro de mel e unha botella de viño doce.

Na súa viaxe atoparase a un leñador, unhas árbores bailarinas e cun lobo… que fará das súas para intentar papala.

Toda a historia está narrada por Prácido, un escritor de contos que, axudado pola súa vella máquina de escribir traballará arreo para escribir o conto máis bonito do mundo: Carapuchiña Vermella.

Actividade englobada no programa de Cultura no Camiño 2016, promovida por AGADIC e a Axencia de Turismo de Galicia, coa colaboración de Gadis.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383