español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Concerto de Nadal e Aninovo

26.12.2016 - 26.12.2016

Concerto de Nadal e Aninovo a cargo de State Philharmonic Orchestra.

A Estate Philharmonic Orchestra da Opera de Kishinau, creouse no ano 2002, os seus integrantes son músicos da orquestra da Opera (creada no 1920) , o talento e virtuosismo dos seus músicos conseguiu compaxinar as súas actuacións coa ópera e o ballet cos concertos sinfónicos obtendo unha considerable popularidade, non só en Kishinau senón tamén no estranxeiro, principalmente coas xiras que realizan cada ano interpretando os concertos de vals, polcas e marchas dos grandes compositores Josef e Johan Strauss e dos compositores tradicionais Tchaikovsky, Glinka, Prokofiev, Beethoven, Mozart, Bhrams e Dvorak entre outros.


Xa podes mercar as túas entradas anticipadas na casa da cultura no seu horario habitual.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Entrada: anticipada 10€ en taquilla 12€.

Data: Luns 26 de decembro de 2016.

Horario: 20:30 horas

Para todos os públicos.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383