español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Opera. Madama Butterfly.

15.02.2017

Unha vez máis podemos gozar en Vilalba doutra fantástica produción ofrecida pola Opera Company International Concerlírica. Nesta ocasión teremos a oportunidade de ver a famosa ópera de G. Puccini: Madama Butterfly. Para esta ópera, Puccini baseouse en dúas obras: a historia Madame Butterfly (1898) Luther Longo, e a novela Madame Chrysanthème. Exotismo, paixón, esperanzas e honra están presentes ao longo desta famosa e aclamada ópera composta por tres actos, e ambientada na cidade de Nagasaki no inicio do século XX.

Entradas anticipadas xa á venda na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17h a 20h, cun prezo de 12€, e ese mesmo día 6 de marzo, día da actuación, só estarán á venda en taquilla a un prezo de 15€. Para os nenos menores de 12 anos a entrada é de 6€.

Data: Luns 6 de marzo de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Entrada anticipada (do 16 de febreiro ao 5 de marzo) na Casa da Cultura : 12€

Entrada taquilla no Auditorio (6 de marzo): 15€

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383