español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Entroido 2018

18.01.2018 - 09.02.2018

O martes 13 de febreiro teremos o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 17.30h, amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, e o grupo Fanfarria Taquikardia.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios na carpa institucional da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición comeza o mércores 17 de xaneiro ata o venres 9 de febreiro, na oficina de Cultura do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben através do formulario adxunto na nosa web.

Para consultar ás Bases Concurso de Entroido e acceder o formulario de inscripción, consulte a nos web: www.vilalba.org

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 14 de febreiro terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña, ás 20.30h na Praza de Sta. María, organizado pola Escola Municipal de Teatro de Vilalba e co acompañamento musical do Grupo Mato Vizoso.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383