español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

MADRE MÍA, CÓMO ESTA ESPAÑA!!

31.03.2018 - 31.03.2018

Despois de terminar a súa triloxía: Golfus Hispánicus, Eu Quevedo e Moncho Bandullo. Moncho Borrajo volve ser Moncho Borrajo. É dicir que retoma os seus principios e é o Moncho improvisador, pallaso tenro, deslenguado, ácido, cariñoso, politicamente incorrecto, cantante…. Ese Moncho que cumpre o ano que vén 45 anos no mundo do espectáculo. Só iso e todo iso. Moncho Borrajo sacou os sorrisos a millóns de españois e nos tempos que corren, nunca foi máis necesario velo en directo e deixarse levar, porque como dixo un crítico unha vez.” Moncho Borrajo é un manipulador de sensacións”.

Lugar: Auditorio Municipal Carmen Estévez, Vilalba

Data: Sábado, 31 de marzo de 2018

Hora: 20:30 horas

Prezos: 13€ anticipada e 15€ o día da actuación.

Venta de entradas en Ataquilla.com e na Casa da Cultura no seu horario habitual.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383