español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

A Maxia das Parroquias.

17.04.2018 - 22.04.2018

O Concello de Vilalba promove este fin de semana a actividade ‘A Maxia das Parroquias’, na que o mago Antón levará o seu novo espectáculo, ‘A volta a Galicia en 313 concellos’, a todas as parroquias do municipio, a través de oito sesións gratuítas en catro localizacións distintas.

As funcións e ubicacións do Magomobil serán:

O sábado 21 de abril.

O Magomóvil estará instalado pola mañana no campo da festa de Alba.

Funcións: 12.30h e ás 13.30h

Para os veciños desta parroquia e as próximas de Boizán, Sancovade, Noche, Nete, Ladra, Insua, Soexo, Torre e Xoibán.

O Magomóvil estará instalado pola tarde na explanada do antigo serradoiro de Moreda

Funcións: 18.00h e ás 19.00 h

Para os veciños de Vilapedre, Lanzós, San Simón, Samarugo e Corbelle.

O domingo 22 de abril.


O Magomóvil estará instalado pola mañana xunto a Igrexa de Román

Funcións:12.30h e ás 13.30h

Para os veciños desta parroquia e de Goiriz, Carballido, Árbol, Rioaveso e Oleiros.

O Magomóvil estará instalado pola tarde no aparcadoiro do restaurante O Carrizo de Santaballa.

Funcións: 18.00h e ás 19.00 h

Para os veciños desta parroquia, e de Belesar, Mourence, Codesido, Distriz, Gondaísque e Tardade.



Os grupos establecéronse por proximidade das parroquias, pero calquera veciño pode ir a calquera función.

Entrada gratuíta, acceso libre.

Actividade pertencente ao programa Cultura no Camiño 2018.

Colaboran:AGADIC (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación) , Turismo de Galicia e GADIS.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383