español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Feira do Indiano en Santaballa

15.09.2018 - 15.09.2018

A parroquia de Santaballa celebrará o vindeiro día 15 de setembro a VIII edición da Feira do Indiano, na que se lembrará aos emigrantes do século pasado.

A programación comezará ás 12:30 coa presentación dos actos e a inauguración de exposicións etnográficas e fotográficas.

A continuación, xogarase o partido de fútbol que enfrontará a Santaballa de Arriba con Santaballa de Abaixo.

Ás 13:30 actuará o Dúo D'Ases e ás 15:30 terá lugar o xantar.

Xa pola tarde, haberá pasarrúas con Charanga Santa Compaña, Entre lusco e fusco, Cé Orquestra Pantasma e realizaránse xogos infantís para os nenos.

Ao longo da xornada terán postos de venda, demostracións de artesáns, xogos tradicionais, os cabezudos, obradoiros de traballos antigos, música tradicional, visitas guiadas, gravacións audiovisuais e exposicións...

Ás 20:30 terá lugar o espectáculo da Queimada Popular para despois dar comezo a foliada co Dúo D'Ases.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383