Xornadas Centenario da I Asamblea das Irmandades da Fala
16.11.2018 - 17.11.2018
Xornadas “Centenario da I Asamblea das Irmandades da Fala”, organizadas polo Instituto de Estudos Chairegos, o Consello da Cultura Galega, e coa colaboración do Concello de Vilalba, que terán lugar na casa da Cultura de Vilalba o venres 16, e o sábado 17 de novembro de 2018, sendo o acto de apertura o venres 16, ás 17:30 horas.
VENRES, 16 DE NOVEMBRO
17:30 Recepción e presentación.
Interveñen:
- Rosario Álvares Blanco,Presidenta do Consello da Cultura Galega
- Agustín Baamonde Díaz, Alcalde do Concello de Vilalba
- Marisa Barreiro Mejuto, Presidenta do Instituto de Estudos Chairegos
18:15 Proxección dun audiovisual sobre as Irmandades da Fala.
19: 00 Conferencia de Ramón Villares Paz: Centenario da I Asemblea das Irmandades da Fala.
SÁBADO, 17 DE NOVEMBRO
10:30 Mesa Redonda: Irmandades da Fala. Lois Peña Novo, coa participación de:
- Uxío Breogán Diéguez
- Alberte Currás Gato
- Emilio Ínsua López
- Manuel Roca Cendán
12:00 Actuación musical do grupo de guitarras do Conservatorio de Vilalba
Pizzicato Trio
12:30 Conferencia de Encarna Otero Cepeda: As mulleres e as Irmandades da Fala.
14:00 Ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba.
Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383