español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Terrícolas. Igualiños, Igualiñas

06.12.2018 - 06.12.2018

O vindeiro xoves 6 de decembro, os Bolechas visitarán Vilalba.

Terrícolas. Igualiños, igualiñas é un espectáculo participativo protagonizado polos Bolechas, a temática do espectáculo xira arredor dos valores que promove a Constitución Española, que o próximo 6 de decembro cumprirá, 40 anos de vixencia.

Os Bolechas solicitarán a intervención do público en diferentes probas e establecerán un diálogo cos rapaces e rapazas acerca de valores como a igualdade, a non-discriminación ou a liberdade de expresión.

Espectáculo que pertence ao programa FalaRedes 2018 da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e en virtude da adhesión do Concello de Vilalba a Rede de Dinamización Lingüística de Galicia.

Día: Xoves 6 de decembro

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 17:00h

Idade: 4 a 8 anos. Público familiar.

Entrada de balde.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383