español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Entroido en Vilalba 2019

05.03.2019 - 07.03.2019

O martes 5 de marzo celebrarase o concurso de entroido, co desfile de murgas e comparsas polas rúas da vila ás 18:00 h. amenizado coas charangas de Vilalba e Charanga DGT de Betanzos, Río Samba Show e Futurismo Galáctico de Tchyminigagua.

Posteriormente efectuarase a entrega de premios na carpa institucional da Praza da Constitución.

O prazo de inscrición ata o venres 1 de marzo, na oficina de Cultura no edificio do Concello, en horario de mañá, de 09:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica adxuntando a solicitude de inscrición.

Para consultar ás bases prema: BASES ENTROIDO 2019

Solicitude de inscrición de Entroido:Inscrición Entroido.

En caso de condicións climatolóxicas adversas os actos celebraránse na carpa institucional.

ENTERRO DA SARDIÑA

O mércores 6 de marzo terá lugar o tradicional Enterro da Sardiña,organizado pola Escola Municipal de Teatro ás 20.30h na Praza da Constitución co acompañamento dun grupo musical. Teremos chocolate con churros para todos.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383