español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Proxección da película "Trinta lumes"

15.03.2019 - 15.03.2019

O vindeiro venres, 15 de marzo de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza a proxección da película TRINTA LUMES da directora Diana Toucedo.

Entrada de balde.

“Trátase da primeira longametraxe da cineasta galega Diana Toucedo, quen, tras unha ampla traxectoria como montadora de longas e realizadora de curtametraxes documentais e experimentais, introduce nesta fita unha historia que xira en torno á vida e a morte, a medio camiño entre a ficción e o documental.

A protagonista é Alba, unha rapaza de 13 anos que desexa descubrir o descoñecido, o misterioso e o fascinante da morte. Xunto co seu mellor amigo, Samuel, entran en casas abandonadas, percorren aldeas destruídas e adéntranse nas montañas de Lugo, que agochan todo un mundo paralelo.

Segundo a súa directora, o reto cinematográfico era desvelar algo dese mundo máis oculto que visible, botando man da ollada do poeta Uxío Novoneyra, quen definiu O Courel como un iceberg.” (balea.gal)

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383