español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Ópera: Cavallería Rusticana

31.03.2019 - 31.03.2019

O auditorio Carmen Estévez de Vilalba, acollerá o domingo 31 de marzo ás 19.30h, a ópera “CAVALLERIA RUSTICANA” de P. Mascagni.

Cavalleria rusticana é un melodrama nun acto con música de Pietro Mascagni e libreto en italiano de Giovanni Targioni- Tozzetti e Guido Menasci, baseado nun relato do novelista Giovanni Verga. Considerada unha das clásicas óperas do verismo, estreouse o 17 de maio de 1890 no Teatro Costanzi de Roma.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Día: 31 de marzo 2019

Hora: 19:30h

Duración:1h 15min.

Prezos:

Entradas Adultos: anticipada 10€ – o día da actuación 12€

Entradas Nenos: anticipada 5€ – o día da actuación 6€ ( de 6 a 18 anos inclusive)

Entradas Gratuíta Para Menores de 6 anos.

Venda anticipada na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17:30h a 21h., venda online en Ataquilla.com

PARA TODOS OS PÚBLICOS.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383