español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Concerto da “Orquesta Mondragón”

06.04.2019 - 06.04.2019

Javier Gurruchaga e a Orquesta Mondragón, celebran o seu 40 aniversario cunha gran xira, na que farán unha parada no Auditorio Carmen Estevez de Vilalba, para facernos gozar da súa música.

Durante o ano 2017 Javier Gurruchaga e A Orquestra Mondragón seguirán virando co espectáculo “Anda Solto Satanás”, unha das mellores xiras dos últimos anos desta banda mítica e inigualable. Esta xira propón un concerto con todos os seus éxitos, unha magnífica banda e un Javier Gurruchaga dando, como sempre, un maxistral espectáculo sobre o escenario.

No ano 2016 iniciase esta festa de aniversarios con numerosos concertos en España e a presentación en México e finalizará a finais deste ano. Tamén en 2016 editouse o seu novo disco en España e será lanzado en México no mes de abril.

“Quixemos celebrar os nosos 40 anos na música cun disco de duetos con magníficos amigos e artistas. Para nós este traballo musical é unha torta de aniversarios cuxo maior ingrediente é a arte e o corazón dos nosos amigos de acá e de alá que compartiron connosco escenario e estrada”. A Orquestra Mondragón segue de viaxe con este marabilloso espectáculo, no cal se incorporou un novo tema, “QUE VEN TRUMP!!!”, un rock& roll delirante que non deixará a ninguén indiferente.

VIAXE CONNOSCO!

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Data: Sábado 6 de abril 2019

Hora: 21:00h.

Duración: 90 minutos aproximadamente

Prezo: entrada anticipada 10€- o día da actuación 12€

Evento con butacas numeradas.

Venda anticipada na Casa da Cultura de 11h a 13h e de 17:30h a 21h., venda online en Ataquilla.com

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383