español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

III Ciclo de Música na praza

01.06.2019 - 17.08.2019

Terceira edición do Ciclo de “Música na Praza”, durante as fins de semana de xuño, xullo e agosto.
Comprende 25 actuacións musicais con concertos venres, sábados e domingos.

Segundo o día e a temática temos:

Venres ás 20.30 horas, concertos sobre clásicos populares.

Sábados, ás 22.00 horas con rock e música máis moderna.

Domingos, só haberá unha actuación ao mes e os concertos serán ás 13.00 horas na Praza da Constitución, onde actuarán as bandas de música con temas propios da sesión vermú.
En caso de condicións metereolóxicas adversas, as actuacións dos venres e sábados trasladaranse ao Centro Cultural Recreativo e as dos domingos ao Auditorio.

Entrada libre e gratuíta.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383