español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"Crónicas de días enteiros, de noites enteiras"

27.09.2008 - 27.09.2008

A Compañía de Teatro A Factoria Teatro representará espectáculo "Crónicas de días enteiros, de noites enteiras"

LUGAR: Auditorio Carmen Estévez

HORA: 20:30

ENTRADA: 3 €

SIPNOSE

Nun espacio de transición, de tránsito dun lugar a outro, cinco personaxes da mesma xeración. De entre 30 e 35 anos, andan a procura de algo.

Andan a procura deles mesmos. Procuran con ansia con tódalas súas forzas. Coa súa voz, cos seus movementos, os seus textos, cos obxectos, coas súas músicas, as súas imaxes, os seus ruidos....

Isto o narramos en forma de crónicas. Unha suma de crónicas sobre as súas vidas.

Nunhas escenas vemos retazos das súas vidas cotias, das súas relacións...... e noutras escenas a eles mesmos e sós como pensan, soñan, falan de eles mesmos.

Durante o día se vive, encontros e desencontros, relacións que pasan perto de nós. Algunhas as respiramos, as reimos, as laiamos e outras simplemente pasan.

Durante a noite, a nosa intimidade; os nosos desexos; os nosos puntos de vista; os nosos credos; as nosas cancións, as nosas xustificacións; e, pola noite, os soños.

Crónicas destas noites enteiras e crónicas destes días enteiros, presentado como un collage, un andel de pequenos fragmentos, de retazos de vidas, para expresar un desexo; o amor.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383