español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"Ifixenia en Áulide"

11.10.2008 - 11.10.2008

A Compañía Arela das Artes representará o espectáculo "Ifixenia en Áulide"

LUGAR: Auditorio Carmen Estévez

HORA: 20:30

ENTRADA: 3 €

SIPNOSE

Amence no campamento. Agamenón, xefe do exército dos gregos, esnaquizado entre as razóns de Estado e o amor pola súa filla Ifixenia, disponse a dar unha contraorde en segredo que evite o seu sacrificio, condición necesaria para a saída da expedición grega cara a Troia e a conquista da cidade... É a historia da inmolación dunha vítima inocente para satisfacer os deuses e gañar unha guerra. Máis aínda, é a historia dunha vítima que, despois de defender o seu dereito a vivir e rogarlle ao seu pai que non a mate, acepta finalmente ser inmolada xustificando o seu sacrificio pola vitoria e a gloria do seu país. É unha historia que nos fala dos intereses e custos da guerra, así como da servidume do poder que conduce inevitablemente a antepoñer o máis odioso a cambio do que nos é máis querido. Os intérpretes recrean os feitos a través do ritual da representación, presentes en escena antes e despois das súas intervencións, escoitando, lembrando, presenciando os acontecementos. Facendo presente o pasado, facendo evidente o retorno do tráxico. A traxedia grega preséntanos enigmas esenciais á condición humana; cuestións que os homes nunca deixaron de considerar.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383