español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"Aeroplanos"

15.11.2008 - 15.11.2008

A Compañía Lagarta Lagarta representará o espectáculo Areoplanos.

LUGAR: Auditorio Carmen Estévez

HORA: 20:30

ENTRADA: 3 €

SIPNOSE

Estou convencida de que falar das relacións humanas en momentos coma estes nos vai permitir volver atopar o pracer de vivir e recuperar a través delas o amor, os sentimentos, a alegría de vivir e algo desa moral e desa sinceridade que se foron perdendo noutras cousas, no convencemento de que vou estar rodeada do mellor equipo en saltos mortais sen rede.
Aeroplanos é unha comedia: de texto, de intriga, idealista, enxeñosa e de linguaxe sutil. Sabemos que rir é unha defensa contra a angustia e, de maneira moi xeral, a comedia é o lugar de todos os alivios posibles. É unha viaxe da vida, dun instante, dun segundo. Unha viaxe onde o tempo, medible por un reloxo, non ten ningunha importancia, dunha viaxe que ten un minuto, nada máis, pero este minuto... dentro... teno todo.
Rosa Álvarez (directora).

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383