español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

"A mirada de Pier"

20.12.2008 - 20.12.2008

A Compañía de Teatro Nut Teatro representará o espectáculo "A mirada de Pier".

LUGAR: Auditorio Carmen Estévez

HORA: 20:30

ENTRADA: 3 €

SIPNOSE

A partir de historias de desexo que nos chegan a través do cine, da arte e da literatura, extraemos os conflictos que xera o desexo, despersonalizándoos e universalizándoos, creando unha historia de ficción crible e real empregando eses clichés e estereotipos a favor do traballo e como parte da ficción.

Cando a imaxe dirixida consiga que te sintas atraido pola erótica do poder, quizais comeces a entender porque Pier dá de comer ás súas cobaias.

Cando a imaxe proxectada faga que esquezas o teu propio cheiro, estarás perdido coma unha cometa sen dono.

Cando a imaxe aprehendida sexa a plataforma sobre a que descubrirte reflictido nun estereotipo, comprenderás que revisarse nunca está demáis.

Pero non te asustes, porque para iso está Pier, para recordarche a hora da revisión se tentas esquecela. E creme, poucos escapan anque foron moitos os que quixeron facelo. Pois a Mirada de Pier só serve de excusa coma o ollo dun cíclope, pero sabe deixarte ao descuberto en canto te despistas. Manexa as ferramentas coas que reproducirte ate a saciedade, e deseña plano a plano a túa caída ante un público que non fará nada por salvarte.

A ninguén máis que a ti lle importa cal foi a orixe da túa historia ou en que punto do camiño decidiches abandoar á personaxe para entrar na ficción. Ante o visor dunha cámara só serven os presentes.

Pero non te asustes, porque tan contundente e poderosa é a Mirada de Pier que non tardarás en lle coller gusto ao teu propio desexo, en aniñarte para comer da túa man coma unha cobaia, en grabarte nos discursos mais íntimos para revisarte constantemente e descubrir con pracer que és ti, e só ti, o único capaz de recrear na presencia dunha actriz protagonista a túa non-ficción.

Xogo ao despiste
pero dende o comezo souben
que Pier és ti e a túa Mirada un mandamento.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383