español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Axenda  

Día da Bici e Vilalrock

29.08.2008 - 29.08.2008

Día da Bici: A Bici e os patíns danse cita na Praza da Constitución, ás 19:30 h.

Vilalrock: Os grupos locais darán o mellor na Praza de Santa María, ás 22:00 h.

DÍA DA BICI

19.30 h: Encontro coa Bici e os Patíns na Praza da Constitución, facendo un percorrido polas rúas de Vilalba con saída e chegada na Praza da Constitución .


A todos os participantes entregaráselles un boleto no momento de face-la inscrición que será canxeable á hora da saída por un agasallo, así mesmo recollerán o dorsal cun número para poder entrar no sorteo de outros agasallos á chegada dos participantes .


INSCRICIÓN: Na casa da Xuventude (rúa Novo Cazón s/n Vilalba)Telf. 982510610, de 18:00 h. a 21:00 h., dende o día 18 ata o 29 de agosto inclusive.


NOTA: Poderá participar todo aquel que o desexe sen límite de idade . A inscrición será obrigatoria se se quere participar no sorteo de agasallos que se fará unha vez concluído o paseo. Admitiranse inscricións ata dúas horas antes da saída.

TROFEOS ESPECIAIS:
-Ao participante de maior idade.
-Ao participante de menor idade pedaleando.
-Ao participante de meses portado.

AGASALLOS A SORTEAR:

- Unha bicicleta

- Unha máis, conmemorativa dos 15 anos da Festa.

- Dous MP3

- Uns patíns

- Un casco de ciclista.

- Dúas mochilas

VILALROCK

22.00 h: Vilalrock os grupos locais: Mescalina, Mi perro Vincent, Postergel e Mindanao se hunde, darán o mellor de si mesmos, na Praza de Santa María, amosandonos o seu traballo durante este último ano.

22.30 h: GRAN VELADA DE BOXEO, no Pavillón Municipal de Vilalba.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383