español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Actualidade  

O Concello de Vilalba promociona o turismo no municipio a través dunha nova web

13.08.2007

O Concello de Vilalba tira partido das novas tecnoloxías para promocionar o turismo no termo municipal.

Con TurismoVilalba.com o Concello de Vilalba pon á disposición do público toda a información necesaria para planificar a viaxe a terras vilalbesas e para, unha vez aló, gozar dos numerosos atractivos presentes no municipio.

A web de Turismo en Vilalba, desenvolvida integramente pola empresa galega Plexus Technologies, busca a promoción turística da zona, tanto dentro de Galicia e do estado español como fora das nosas fronteiras. Con esta finalidade, a web está xa dispoñible en tres diferentes idiomas: galego e castelán, as linguas cooficiais da comunidade galega, e inglés, como lingua universal da Internet.

O Concello optou por un deseño moi atractivo, que permita a cidadáns e visitantes coñecer dun xeito gráfico, rápido e directo as múltiples e variadas posibilidades que ofrece o municipio nos eidos do turismo, o lecer, e a cultura, xunto á infraestrutura de servizos que os sustenta.

Con este enfoque, o Concello ofrece a través da nova web unha completa guía onde atopar información polo miúdo sobre os accesos ao municipio, os medios de transporte dispoñibles, a infraestrutura hostaleira, o patrimonio artístico, natural e gastronómico, as amplas posibilidades para o lecer e para a práctica de deportes, a oferta cultural, o turismo rural e ecolóxico, e un largo etcétera de recursos que conforman a oferta turística do concello.

Por outra banda, o Concello trata de fomentar a participación das asociacións e grupos culturais na vida sociocultural do municipio, dando cabida na nova web a información acerca da actividade xerada por cada entidade asociativa e ofrecéndolle ás asociacións a posibilidade de dispoñer dunha web propia dentro de TurismoVilalba.com

Mencionar para finalizar que a web presenta unha gran carga gráfica, con imaxes de calidade que permiten comprobar a beleza e diversidade da zona. As imaxes son obra de dous fotógrafos locais, Purriños e Amador Souto, ambos dous cunha ampla traxectoria profesional e gran prestixio dentro e fora de Vilalba.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383