español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Patrimonio natural  Área recreativa da Madalena  

A Madalena é unha extensa área de recreo que abarca unha extensión de 3 hectáreas á beira do río que lle dá nome.

Axardinada con céspede e situada nun entorno de vexetación autóctona, conta cunha ampla infraestrutura de servizos para a práctica de deporte e actividades de lecer: footing, pesca, baño, baloncesto, fútbol, atletismo, volei praia e tenis, por exemplo.

Da Madalena parte o paseo fluvial. Nas súas inmediacións sitúase un parque acuático e, non moi lonxe, pódense visitar un cruceiro, varios muíños e a capela da Madalena, con advocación a San Lázaro.

Cómo chegar

A área recreativa e praia fluvial da Madalena atópase na parroquia de Mourence. Accédese dende o núcleo urbano de Vilalba pola estrada LU-861 dirección Ferrol, ben a pé, en coche ou en autobús. Unha vez pasada a vila, cóllese o desvío que hai á man esquerda, onde sinaliza cara á praia fluvial, e a uns 250 metros atópase o recurso.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383