![]() No Xistral hai moita presenza de cabalos. É recomendable prestar moita atención ao conducir por esta serra, porque no é difícil atopalos mesmo na estrada pola que circulan os vehículos. |
O Xistral, xunto coas ribeiras do río Sor, está declarada Espazo Natural Protexido, polo que configura un lugar axeitado para gozar da natureza en estado puro.
Na serra habitan greas de cabalos ceibos e a humidade da zona fai prosperar multitude de especies autóctonas, polo que nun paseo por estas paraxes pódense atopar bosques de amieiros, freixos, salgueiros ou acivros.
É salientable a constante presenza da auga, ben en forma de lagoa, estanque ou río. Entre a fauna habitante do Xistral, mencionar ao lagarto das silvas e á lagartixa das brañas, que ten nesta serra unha das poucas localidades de presenza en Galicia e que, ademais, ten aquí o seu límite occidental de distribución na Península Ibérica.
Os ventos baten todo o ano nestes montes onde se encontra un único e célebre mineral denominado Cuarcita do Xistral.
Cómo chegar
Dende Vilalba, coller a LU-861 cara a As Pontes-Viveiro. A uns 15km, tomar a LU-540 dirección Viveiro-Muras. En Muras, coller á dereita dirección Xistral-Valadouro
Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383