español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Patrimonio natural  Ríos e coutos de pesca  

A riqueza fluvial en Vilalba outorga ao visitante unha variada oferta de lecer, permitindo a práctica da pesca, o baño, ou o paseo para contemplar a paisaxe das ribeiras, constituída fundamentalmente por amieiros e bidueiros.

As augas que discorren e abrollan en territorio vilalbés morren na súa maioría no río Miño, a excepción de pequenos afluentes do Eume situados na parroquia de Vilapedre. Pero sen dúbida, o río máis importante do concello é o Madalena, que nace na parroquia de Lanzós, e dá nome a un couto de pesca e a unha zona recreativa que se atopa na súa marxe.

Na serra da Carba nace o Trimaz, que conflúe no Madalena na Ponte dos Novos, e discorre cara á vila bordeando a Charca do Alligal, manancial de augas medicinais situada na parroquia de Codesido. A partir deste punto, discorre o río Ladra, con gran sona polas súas troitas.

Coutos de pesca nas proximidades

Couto de Vilalba
Couto tradicional
Pesca de troita, anguí­a, escalo e boga de rí­o
Situación: Rí­o Madalena, entre a Ponte Nova de Santa Eufemia e a Ponte dos Pasos (4,5 quilómetros)
Expedición de permisos: Bar Conde Pallarés (Tel. 982 510 662. Vilalba) e Bar A Playa (Tel. 982 511 109. Vilalba)

Couto de Pígara
Couto Tradicional
Pesca de troita, anguí­a, escalo e boga de rí­o
Situación: No rí­o Ladra, entre a Ponte de Rebordaos (Insua) e o Muíño de Carballido, en Begonte (6,5 quilómetros)
Expedición de permisos: María Jesús Seijas. Carterí­a (Tel. 982 375 802. Pí­gara, Guitiriz)

Couto de Ladra
Couto sen morte
Pesca de troita, anguí­a, escalo e boga de rí­o
Situación: Rí­o Ladra, entre a canle de toma de auga de Rábade e a desembocadura do Miño(un quilómetro)
Expedición de permisos: Bar Cereixo (Tel. 982 396 217. Begonte)

Couto de Begonte
Couto Tradicional
Pesca de troita, anguí­a, escalo e boga de rí­o
Situación: No rí­o Ladra, dende a desembocadura do Parga (Begonte) ate a desembocadura do Ladra, en Outeiro de Rei.
Expedición de permisos: Bar de Santo Estevo (Tel. 982 390 708. Santo Estevo de Uriz, Begonte) e Bar Cereixo (Tel. 982 396 217. Begonte)

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383