español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Rutas  Paseo fluvial  

O entorno do río Madalena é o escenario onde se sitúa o paseo fluvial, próximo ao núcleo urbán de Vilalba. Esta ruta ten o seu inicio no Muíño do Rañego (a 500 metros da vila, pola estrada que conduce a Baamonde) e finaliza na praia fluvial.

Remontando o río, os muiños dominan toda a camiñada, unha proliferación debida á antiga tradición cerealística da comarca. Algúns dos máis destacados son o dos Pasos ou o gran muiño do Madalena.

Nesta zona do río pódese divisar unha illa, na que se ten a oportunidade de contemplar diversas especies de árbores forestais e ornamentais.

O seguinte punto de interese é o remate da ruta: a praia fluvial. Nela existe unha zona de merendas onde descansar do paseo e tamén conta cunha importante oferta de actividades lúdicas onde continuar gozando do tempo de lecer, como os baños no río ou na piscina, o parque acuático ou a práctica de diversos deportes.

O paseo fluvial ampliarase en breve cun novo tramo de 1,5km, que se inaugurará no verán do 2008 e chegará ate a ponte dos Ferreiros.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383