español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Festas e tradicións  Feira do Capón de Vilalba  

A Feira do Capón de Vilalba é o acontecemento que dá o pistoletazo de saída ás festas do Nadal na comarca chairega. En visperas da Noiteboa de cada ano, a vila amence ateigada de compradores de capóns chegados de diversos puntos da xeografía española, produto que xa se atopa dispoñible desde as nove da mañá. Véndense soltos ou por pares, e poden alcanzar unha cotización de ata 210 € a parella.

Estes galos teñen unha longa historia, documentada nas referencias bibliográficas que falan da existencia de capóns na zona desde 1521. En moitas destas fontes afírmase que se usaban como "pagadores de rendas".

No que se refire á feira, aparece documentada desde o ano 1838, aínda que é a partir do 1965 cando se produce un destacado incremento no censo de animais que se poñen á venda.

Para obter máis información, visitar a web oficial do capón de Vilalba.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383