español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Patrimonio cultural  Os edificios ao servizo da cultura  

Casa da Cultura

Casa da Cultura

A vocación cultural de Vilalba non só se reflicte nas pedras conservadas de igrexas, megalitos e pazos, senón que se trata dun ente vivo que dispón de espazos específicos para o seu desenvolvemento.

Casa da Cultura

Sita no edificio do antigo concello, a Casa da Cultura de Vilalba dispón de cinco salas de exposición, un salón de actos e dúas salas de lectura para a realización de todo tipo de actividade cultural.

Enderezo: Praza de Suso Gaioso, 1
Teléfono: 982 512 456
Horario: Luns a venres: 11:00 a 13:30 e 16:30 a 20:00 / Sábados: de 11:00 a 13:30.

Durante os meses Xullo e Agosto o horario é de 10:30 a 13:30 de Luns a Sábado.

Biblioteca Municipal

Creada no 1969, conta na actualidade cun fondo bibliográfico que alcanza os 13.500 volumes rexistrados. Dispón de servizos de préstamo a domicilio e consulta en sala, para o que hai habilitados dous espazos de lectura, diferenciados para o público infantil e adulto.

Enderezo: Cidade Cultural Manuel Fraga Iribarne
Teléfono: 982 512 232
Horarios: Luns a venres (agás festivos), de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.

Auditorio Municipal “Carmen Estévez”

Auditorio Municipal

Auditorio Municipal

Situado nun edificio multiusos que tamén alberga o Conservatorio Municipal, o Auditorio de Vilalba data do 1997 e é obra do arquitecto César Portela.

Conta cun aforo de 500 butacas nunha sala que pode albergar calquera tipo de espectáculo (auditorio, teatro, cine, sala de concertos). Asemade, conta cunha sala de exposicións e catro locais de ensaio para as asociacións culturais da vila.

En canto á programación, lévase a cabo de outubro a xuño con periodicidade semanal.

Enderezo: Rúa das Pedreiras, s/n
Teléfono: 982 512 888

Conservatorio Municipal

Creado no 1988, hogano conta coa docencia de 15 mestres e a asistencia duns 200 alumnos. Sitúase no edificio multiusos onde está tamén o Auditorio Municipal.

Enderezo: Rúa das Pedreiras, s/n
Teléfono: 982 512 888

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía

Museo de Prehistoria e Arqueoloxía

O Museo é unha Fundación Pública Municipal rexida por un Padroado, que centra as súas actividades na investigación, custodia, conservación e difusión da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia. Tras dez anos de estadía na súa anterior sede, desde o verán do 2002 atópase no seu actual edificio da Rúa Domingo Goas.

Na súa exposición permanente faise un percorrido polas distintas fases e culturas asentadas no Noroeste da Península Ibérica dende os primeiros poboadores ata a presenza romana. Afastándose do abigarramento e repetición de obxectos, faise fincapé nos procesos culturais, tecnolóxicos e económicos destas sociedades dun xeito especialmente didáctico.

Ademáis desta mostra, móntanse outras de carácter temporal que logo de presentarse no Museo tórnanse itinerantes. A organización de cursos, seminarios e ciclos de conferencias, xunto coas tres series de publicacións editadas, completan a oferta cultural do centro.

En canto ás liñas de investigación desenvolvidadas, comprenden a caracterización das sociedades paleolíticas e epipaleolíticas de Galicia e a reconstrución paleoambiental do norte da Península Ibérica.

Posúe asemade un programa de Acción Didáctica deseñado tanto para grupos escolares como para colectivos de adultos. Esta iniciativa reúne unha serie de recursos que se poden desenvolver individualmente ou agrupándoos segundo o interese dos participantes ou da súa dispoñibilidade de tempo. Deste modo, a duración da visita pode oscilar entre unha hora e unha xornada, segundo os recursos elixidos. O Museo dispón tamén dun programa educativo para grupos familiares.

Enderezo: Rúa Domingo Goas, 2
Teléfono: 982 511 383
Web: http://www.museovilalba.org
Enderezo electrónico: museo@museovilalba.org
Horario: Martes a sábado, 11:00 a 13:30 e 17:00 a 19:30. Festivos, pechado.
Tarifa: de balde

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383