español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Festas e tradicións  Festas patronais de Vilalba  

As festas patronais da vila celébranse a finais de agosto, na honra de San Ramón (31 de agosto) e a Santa María (1 de setembro). As celebracións duran máis dunha semana, tempo no que a poboación da vila aumenta de forma considerable, entre visitantes, xentes das parroquias lindeiras e emigrantes regresados á súa terra para pasar as vacacións.

Orquestras, grupos de folk e rock, proxeccións cinematográficas, representacións teatrais, xogos e divertimentos para os máis pequenos son algunhas das actividades organizadas para estes días.

Entre elas destaca a Xira Campestre, que reúne cada ano máis de 30.000 persoas no recinto do río Madalena para comer, bailar e gozar durante dous días, e a Xira Campestre da Terceira Idade, que leva máis dunha década reunindo a maiores de Galicia e norte de Castela-León.

O inicio das celebracións festeiras ven marcado pola proclamación do gañador do Certame Literario do Concello de Vilalba, entre os que se atopan autores como Fiz Vergara Vilariño, Manuel Xosé Neira, Marica Campo ou Xabier Alcalá.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383