español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Festas e tradicións  Festas das parroquias  

As parroquias vilabesas celebran festas populares na honra dos seus patróns, nalgunhas incluso a santos diversos en varios momentos do ano. De seguido indícanse as advocacións e as datas dos festexos:

Alba

San Xoán, 19-20 de xuño
Santo Anxo, 24 e 25 de setembro

Árbol

Santo Estevo, 5-6 de xuño
San Lourenzo, 7-8 de agosto

Belesar

San Martiño, ao redor do 11 de novembro.
A fin de semana seguinte ten lugar unha exaltación de produtos derivados do porco e un magosto popular.
Santo Anxo, na capela do mesmo nome a última fin de semana de setembro.

Boizán

Santo Antón, 30 de xaneiro
Santiago Apóstolo, 31 de xullo ou 7 e 8 de agosto

Carballido

Virxe dos Remedios, 18-19 de setembro

Codesido

Santo Antón, 12 de xuño
Virxe dos Remedios, 11 de setembro

Corvelle

San Xosé, 19 de marzo
San Bertomeu, 21-22 de agosto

Distriz

San Martiño, 5 de xuño

Goiriz

Nosa Señora, 25 de marzo
Santa Comba, 8-9 de maio
Santo Adriano, 15 de maio
Santo Antón, 12 de xuño
Santiago Apóstolo, 24-25 de xullo

Gondaísque

Nosa Señora de Guadalupe, 10-12 de setembro

Insua

San Bertomeu, 21-22 de agosto
San Ramón, 28 de agosto

Ladra

San Salvador, 18-19 de setembro
Virxe dos Remedios, 9-10 de outubro

Lanzós

San Xosé, 20 de marzo
Santo Andrés, 5 de xuño
Virxe do Carme, 17-18 de xullo
San Martiño, 13-14 de novembro

Mourence

San Xián, 28-29 de maio

Nete

San Bieito, 10-11 de abril
San Cosme, 25-26 de setembro

Noche

Santo Antón, 12 de xuño e 20-21 de novembro

Oleiros

Virxe do Carme, 16 de xullo
San Mamede, 21-22 de agosto

Rioaveso

San Xurxo, 24-25 de abril

Román

San Xoán, 15-16 de maio e 19-20 de xuño

Samarugo

San Xián, 1 de maio
Santiago Apóstolo, unha semana despois do 25 de xullo

San Simón da Costa

Santo Isidro, 15 de maio
Nosa Señora, 14 e 15 de agosto
San Simón, 28 de outono

Sancovade

Santo Antón, 16 de xaneiro
Santiago Apóstolo, 25 de xullo

Santaballa

Atrio celebra o San Pedro o 26 e 27 de xuño
Bordelle celebra o apóstolo Santiago o 25 de xullo
Toda a parroquia festexa a Pascua o 3 e 4 de abril

Soaxe

Os Milagres, 22 de maio
Nosa Señora, 18-19 de setembro

Tardade

Nosa Señora da Concepción, 15-16 de maio e 5 de decembro

Torre

Santo Isidro, 15 de maio
Nosa Señora, 14-15 de agosto

Vilapedre

Os Milagres, 22-23 de maio
Santo Estevo, 10 de outubro

Xoibán

San Salvador, 5-6 de novembro

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383