español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Descubre Vilalba  Festas e tradicións  Roscón de Vilalba  

Segundo a lenda, os condes de Andrade recibían aos veciños da vila cun roscón como pago ou tributo. Se é certo ou non é cousa de cadaquén, ao fin e ao cabo ese é o encanto das lendas, pero o que é unha realidade é o postre típico que nos achega esta historia: o roscón de Vilalba.

Trátase dunha masa de améndoa, ovo e azúcar, de carácter seco e de longa conservación. A súa época álxida de consumo alcánzase durante as festas patronais de San Ramón e Santa María a finais de agosto e principios de setembro, postre fiel de todas as mesas da veciñanza.

Aínda que existe xa o produto comercializado baixo a marca “Corona de Andrade”, podemos achegarnos a este doce elaborándoo nós mesmos. Para iso precisaremos 1 quilogramo de améndoa moída, 800 gramos de azúcar, 4 ovos enteiros, rela de limón e unha copiña de anís (sen pasarse...).

Unha vez reunidos os ingredientes, pasaremos á súa preparación. Para iso, comezaremos mesturando a améndoa moída co azúcar ata que quede unha masa uniforme. A continuación, mesturámola cos ovos, un a un, para despois engadirlle a rela de limón e o anís. Por último, métese no forno entre 45 e 50 minutos a 180º.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383