español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

atrás Persoeiros  

Darío Villanueva

Nado o 5 de xuño de 1950. Catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Universidade de Santiago de Compostela e pertencente ao seu Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral.

É membro da Asociación Internacional de Hispanistas, da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada, que preside na actualidade, da Asociación Española de Teoría da Literatura (ASETEL), que presidiu entre 1996 e 2001, da Sociedade Española de Semiótica, e da Twentieth Century Spanish Association of America.

Foi Secretario e logo Decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela entre 1978 e 1990. En xuño do 1994 foi elixido Reitor da universidade compostelá, producíndose en maio do 1998 a súa reelección para un segundo e derradeiro mandato de catro anos.

Darío Villanueva foi profesor visitante da Escola Española do Middlebury College (Vermont) no 1987; nos outonos de 1988 e de 1993, foino na Universidade de Colorado en Boulder, sendo dende 1989 membro do seu claustro en calidade de Catedrático Axunto; e entre 1989 e 1991 na universidade de Borgoña (Dijon).

O pasado 5 de xullo de 2007 foi elixido membro de número da Real Academia da Lingua Española, ocupando o asento De Maiúscula (D), vacante dende o pasamento de Zamora Vicente.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383