español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

Benvidos á páxina web oficial do turismo no Concello de Vilalba, un sitio no que coñecer as súas paisaxes, os seus cidadáns e o día a día dunhas terras onde natureza e cultura converxen para facer deste municipio chairego un rincón especial onde perderse.

Próximamente 

XXV Festa do queixo San Simón da Costa

21.03.2019 - 07.04.2019

O vindeiro 6 e 7 de abril celebrarase na Praza da Constitución de Vilalba a XXV Festa do Queixo de San Simón da Costa.

O sábado 6 de Abril, os actos da xornada comezarán na Praza da Constitución, coa apertura ao público do recinto feiral a partir das 11.00 horas, que permitirá aos asistentes gozar coa diversidade de produtos artesanais e gastronómicos da zona.

Programa de actos do sábado 6:

11:30h final do concurso de tapas (Praza da Constitución)

13:00h Actuación de La Musgaña (Alameda)

16:30h Saaabor! Comedia (Público familiar, Praza da Constitución)

17:30h Entrega de premios BTT (Praza da Constitución)

18:00h Pregón a cargo do actor Luis Zahera (Goya ao mellor actor de reparto 2019)

Entrega de premios do concurso de Tapas, da ruta de tapeo e do concurso de carteis. (Praza da Constitución)

21:30h Actuación Orqueta Mondragón (Auditorio Carmen Estévez. Entradas á venda en ataquilla.com e na casa da cultura de Vilalba).

O domingo día 7 ás 10.00 horas, apertura do recinto feiral na Praza da Constitución ata ás 15.00h.

Programa de actos do sábado 7:

11:00h a 14:00h. Airiños da Febra e Festicultores percorrerán as rúas de Vilalba.

12:00h Showcooking de Jacobo Santeiro (O Mercado Streetflood, Lugo), na Praza da Constitución.

13:00h Showcooking de Marcos Morán (Rest. Casa Gerardo, 1 Estrella Michelin) na Praza da Constitución.

Os horarios da Festa do Queixo serán os seguintes:

SABADO DÍA 6 de abril de 11:00 h. a 21:00 h.

DOMINGO DÍA 7 de abril de 10:00 h. a 15:00 h.

Máis información sobre o Queixo de San Simón da Costa en: www.sansimondacosta.com

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383