español galego english

Turismo Vilalba

Portada Contacto Mapa web

Benvidos á páxina web oficial do turismo no Concello de Vilalba, un sitio no que coñecer as súas paisaxes, os seus cidadáns e o día a día dunhas terras onde natureza e cultura converxen para facer deste municipio chairego un rincón especial onde perderse.

Próximamente 

X Tasca do Liño

27.10.2018 - 27.10.2018

A parroquia Vilalbesa de Insua acollerá o sábado 27 de octubro a X Tasca do Liño, festividade que este ano celebra tamén o décimo aniversario da recuperación do cultivo tradicional do liño, sendo as veciñas de Insua as pioneiras na provincia de Lugo.

A xornada centrase polo tanto no traballo desenvolvido nestes dez anos con demostracións do que sería unha antiga tasca do liño, actuacións musicais, artesanía en vivo, sorteos, concursos, etc.

Comezará a xornada sobre as 11:00 horas co pregón, que este ano estará a cargo do poeta e músico Mero. A continuación, haberá unha mesa coloquio na que estarán presentes o alcalde, Mario Outeiro e outros compoñentes da Asociación. Nela falarase da traxectoria e o traballo desenvolvido pola asociación.

Haberá tamén entrega de premios do certame de debuxo sobre o liño que xa está aberto e demostración do que eran as antigas Tascas do liño. A todo isto haberá que sumar a actuación musical de Tino Vad.

Pola tarde haberá a actuación dun grupo de música tradicional, aínda sen confirmar dentro do programa Musiqueando da Deputación, outra demostración da Tasca do liño, actuación dos Minhotos e de David Perdomo. Concluirán a festividade cunha queimada popular.

Durante o día estará dispoñible a visita a unha exposición na Casa Escola de Insua que recolle fotografías dos dez anos de traballo do liño, así coma outras de tascas antigas que aporta o IESCHA.

Tamén haberá postos artesáns e artesanía en vivo, como o zoqueiro de Alfoz Alberto Geada, o tallista e restaurador Villalbés Marcos ladra, un canteiro, etc.

 
Consellería de Innovación e Industria Icono de conformidade co Nivel Doble-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI

Oficina de Turismo de Vilalba - turismo@vilalba.org RSS
Rúa Domingo Goás - 27800 - Vilalba (Lugo)
Tel.: 982 511 383