InicioPercorreCentro histórico da vila

Centro histórico da vila

Para comezar o percorrido polas rúas do centro histórico situarémonos na Praza de Suso Gayoso, presidida pola Pravia, un centenario pradario que nos dá a benvida á vila.

No lugar tamén atopamos a Fonte da Carretera, moi apreciada polos lugareños, e a Casa da Cultura, antigo edificio do concello no que atoparemos a oficina de turismo.

Preto desta praza levántase a antiga Torre da Homenaxe do castelo dos Andrade, orixinaria do século XIII pero reedificada en varias ocasións tralas revoltas Irmandiñas no século XIV. De planta octogonal e 40 metros de altura, está dividida en catro andares e está coroada con ameas. Conta tamén con varias seteiras, unha porta con arco no segundo andar e un gran xabarín de pedra na súa cima, emblema dos Andrade. Hogano funciona como Parador Nacional de Turismo.

Non moi lonxe, chegamos á Porta da Cima, lugar onde se atopaba unha das entradas da antiga muralla. Seguimos ata a praza de Santa María para dar coa igrexa parroquial, en advocación á Nosa Señora.

Continuamos o percorrido pola rúa Sol, espazo onde aparecen as casas máis antigas do núcleo, con fachadas tipicamente vilegas, ata chegar aos restos arqueolóxicos da muralla no fondo da rúa.

O Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, a praza da Constitución, o entorno do Auditorio e a capela de San Roque son outros dos recursos cos que completar o percorrido pola vila.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org