InicioPercorreRoteiro Arqueolóxico

Roteiro Arqueolóxico

O Concello de Vilalba conta con numerosos xacementos arqueolóxicos repartidos por todo o termo municipal, que foron investigados por parte do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV).

Creado e promovido por iniciativa do MUPAV, este roteiro une os vestixios arqueolóxicos máis significativos do Concello de Vilalba.

O punto de inicio é o propio museo, por ser o lugar idóneo para coñecer, de forma moi didáctica e amena, a evolución das sociedades ao longo da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia. A visita ao MUPAV é completamente gratuíta e indispensable para interpretar con maior facilidade todos os elementos que se visitarán ao longo do percorrido.

Durante o roteiro, visitanse lugares de gran interese patrimonial como o abrigo do Paleolítico da Pena Grande (Santaballa), a Medoña de Estelo, o menhir Pedra Chantada, os castros de Codesido e Gondaísque e a necrópole do Neólitico final Roza dás Modias (Alba).

A duración do roteiro está calculada para realizarse en media xornada e está pensada para facerse en coche. Non entrama grandes dificultades, excepto para as Persoas con Movilidade Reducida. Nalgúns tramos transcorre por pistas sen pavimentar, polo que hai que conducir con prudencia e extremar as precaucións. Se o camiño está húmido ou en malas condicións, recoméndase acceder a pé aos lugares de interese.

Máis información do roteiro en: museovilalba

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org