As tapas vilalbesas

O tapeo forma parte da cultura galega e é unha costume moi arraigada no estilo de vida dos vilalbeses. Combina o comer e o reunirse con amigos nos bares e tabernas da localidade.

As tapas de cociña son un delicioso aperitivo que, normalmente, serven os hostaleiros de forma gratuíta para acompañar cada consumición.

Vilalba conta cun gran número de establecementos hostaleiros que preparan boas e variadas tapas; baseadas principalmente en receitas da cociña tradicional galega e nas distintas especialidades da casa.

Onde degustalas

O tapeo pode realizarse durante calquera época do ano nos distintos bares e restaurantes vilalbeses ao redor do horario de comidas e ceas.

Ademais das habituais tapas, ao longo do ano organízanse xornadas e roteiros de tapas contorna aos produtos típicos de Vilalba como o Capón de Vilalba (a mediados de decembro) e o Queixo San Simón da Costa (a finais de marzo), que non te podes perder.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org