InicioSaboreaGastronomía LocalI.X.P. Capón de Vilalba

I.X.P. Capón de Vilalba

O afamado Capón de Vilalba, con Indicación Xeográfica Protexida (I. X. P.), é un dos produtos máis representativos da gastronomía local.

O capón é un prato típico das festas do Nadal que conta cunha longa tradición e un gran prestixio
na zona.

Orixes

A tradición do capón é antiquísima. As primeiras mencións coñecidas sobre a cría e consumo de capóns en Galicia datan da Idade Media, abundando nesta época documentos de foros nos que os foreros comprometíanse a pagar en capóns parte da renda.

En tempos moito máis recentes pódense atopar referencias de que esta costume de pago con capóns foise mantendo, o que dá a idea do alto aprecio e recoñecemento que este produto tivo na comarca ao longo de diferentes momentos históricos.

Así mesmo, tamén existen referencias históricas á Feira do capón celebrada en Vilalba e ao éxito
que este produto tiña, que conta con case 200 anos de antigüidade.

 

Crianza seguindo a tradición

O capón é un galo doméstico castrado antes de alcanzar a madurez sexual. Críase ao aire libre en amplos
currais durante uns sete meses e, no mes anterior ao sacrificio, métese nunha pequena gaiola
(capoeira) para ser cebado. O seu tamaño e peso supera ao dos galos camperos normais, chegando a oscilar entre os 3,5 e o 5 kg.

A zona xeográfica para a crianza, sacrificio e procesamento deste animal baixo a Indicación Xeográfica
Protexida (I. X. P.) circunscríbese aos municipios que conforman a comarca da Terra Chá.

O nome desta I. X. P. correspóndese precisamente con Vilalba por ser o municipio cabeceira da comarca que lle brindou recoñecemento, prestixio e notoriedade a este produto, coa celebración no mes de decembro da tradicional Feira do Capón, dedicada a este produto.

Onde adquirilo e degustalo

O capón de Vilalba é un produto moi exclusivo e estacional, cuxo consumo se restrinxe á época do Nadal, data na que os capóns xa completaron o seu prolongado e meticuloso proceso de engorde e ceba para ser comercializados.

Na tradicional Feira do Capón, que ten lugar en vésperas de Noiteboa, pódense conseguir os exemplares no recinto feiral. Para facerse con el convén estar alí á primeira hora da mañá, debido á gran demanda que ten este produto.

Durante o día da feira tamén é posible degustar esta exquisitez dentro do recinto feiral, así como nos distintos bares e restaurantes do municipio que participan nas Xornadas Gastronómicas do Capón, organizadas sempre durante varios días en datas próximas á feira.

Máis información en: capondevilalba.com

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org