Doces típicos

O Roscón de Vilalba e as Roscas de San Ramón son os doces tradicionais de Vilalba. Elabóranse de xeito totalmente artesanal e son un dos principais atractivos da gastronomía local.

 

Roscón de Vilalba

Esta sobremesa típica de Vilalba elabórase a base de améndoas e distínguese pola súa masa crujiente por fóra e tenra por dentro.

A améndoa moída é o principal ingrediente deste peculiar roscón que tamén leva ovo, azucre e limón. Destaca polo seu carácter seco e a súa excepcional conservación e consistencia (entre cinco e dez días, sen necesidade de refligeración).

Existe unha lenda popular vinculada co Roscón que conta que os Condes de Andrade recibían aos veciños da vila cun roscón como pago ou tributo.

Onde degustalo e adquirilo

O Roscón de Vilalba pode conseguirse en calquera data do ano nas confiterías e algunha panadería de Vilalba.

Tamén existe a posibilidade de degustar este irresistible roscón nalgún dos restaurantes vilalbeses que o inclúen nas súas cartas como sobremesa típica.

A súa época álxida de consumo alcánzase durante as Festas Patronais de San Ramón e Santa María (a finais de agosto e principios de setembro), sendo unha sobremesa fiel de todas as mesas dos vilalbeses.

Roscas de San Ramón

As deliciosas roscas de San Ramón son un doce característico de Vilalba cuxo sabor lembra ao das rosquillas pero con distinta forma e textura (son máis planas e a súa masa é dura e crujiente).

A súa elaboración realízase de xeito artesanal e os seus ingredientes tradicionais son: ovos, fariña, azucre e un pouco de limón.

Onde adquirilas

As roscas están dispoñibles na maioría das confeiterías durante festividades concretas como as Festas Patronais de Vilalba e o Nadal, sendo moi poucos os establecementos que manteñen a produción de roscas durante o resto do ano.

Véndense empaquetadas en pequenas bolsas por ducias e destacan pola súa extraordinaria conservación (durante máis dun mes, unha vez aberto o paquete).

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org