Polbo "á feira"

O polbo “á feira” é un dos pratos típicos máis coñecidos da gastronomía galega e Vilalba é un magnífico lugar para probalo.

A receita tradicional baséase en cocer o polbo para despois trocealo e aderezalo con sal gordo, aceite e picante. Sérvese en pratos de madeira e cómese con escarvadentes, que lle confiren un sabor único.

Na vila celébranse mensualmente unha feira e un feirón; eventos nos que o polbo está sempre presente, para o deleite dos asistentes.

O municipio conta tamén con múltiples polbeiras, restaurantes e bares que preparan o saboroso polbo “á feira” e ofrecen tamén outras propostas con receitas máis innovadoras, ás que resulta imposible resistirse.

Onde degustalo

Se a túa estancia coincide cos días de feira ou feirón aproveita a oportunidade para probar o polbo e contemplar “in situ” como o preparan as famosas “ pulpeiras”.

Asímesmo, merece a pena degustalo nas polbeiras e restaurantes do municipio que ofrecen polbo nas súas cartas e que se pode comer durante calquera época do ano.

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org