Ven

Torre de Andrade

Torre de Andrade

A Pontevella

A Pontevella

Roza das Modias

Roza das Modias

Muíño do Rañego

Muíño do Rañego

Mirador Monseivane

Mirador Monseivane

Situación

O municipio de Vilalba atópase ao norte de Galicia, no interior da provincia de Lugo.

Vilalba é a capital de "A Terra Chá", a comarca máis extensa de Galicia, asentada sobre unha vasta planicie.

A vila foi e segue sendo un importante nó de comunicacións no que se cruzan varias vías. A súa localización estratéxica e as súas excelentes comunicacións converten a Vilalba no destino perfecto para explorar o municipio, a comarca e a zona norte de Galicia.

Como chegar

EN COCHE

Desprazarse en coche é a opción máis cómoda e rápida, posto que Vilalba dispón de inmellorables comunicacións. As principais vías de acceso son:

  • N-634 y la A-8 que comunica Vilalba en dirección norte con Mondoñedo – Oviedo e en dirección sur, con Baamonde (Begonte). Dende aí enlázase directamente coa N-VI e A-6 cara á Coruña, con posibilidade tamén de desviarse cara a Santiago de Compostela á altura de Guitiriz collendo a N-634.
  • LU-541 y A-6 / N-VI conexionan a Vilalba con Lugo.
  • La AG–64 / LU–861 y AC-564 conectan directamente Vilalba coas Pontes - Ferrol
  • LU-120 que une a Vilalba con Meira.

EN AUTOBUS

Vilalba conta cunha estación de autobuses situada na rúa Lois Pena Novo que facilita
a conexión da vila coas principais cidades galegas e tamén con parte do estado.

Os horarios e frecuencias poden consultarse directamente nas seguintes compañías:

  • ARRIVA, que une directamente a Vilalba coas principais cidades do norte de Galicia
    (A Coruña, Ferrol, Lugo e Santiago de Compostela). Máis información en: arriva. gal
  • ALSA, que enlaza co resto do estado. Máis información en: alsa.es

EN AVIÓN

Se planificas vir en avión, organiza a túa viaxe tendo en conta os aeroportos máis próximos a Vilalba:

  • A Coruña (LCG), a 85 km de Vilalba. Máis información en: aena.es
  • Santiago de Compostela (SCQ), a 100 km de Vilalba. Máis información en: aena.es

EN TREN

Se decides trasladarte en tren, podes tomar como referencia a estación de tren e apeadeiros
máis próximos a Vilalba:

  • Estación de tren Lugo. A 40 km. de Vilalba (LU-541 / A-6)
  • Apeadeiro de Baamonde. A 15 km. de Vilalba (N-634 / A-8)
  • Apeadeiro de Begonte. A 20 km. de Vilalba (LU-541 / CP-1611)

Máis información en: renfe.com

Cómo moverse

EN TAXI

O servizo de taxi 24 horas é unha das alternativas para desprazarse durante a estancia no municipio. A parada de taxis de Vilalba localízase na Praza de Suso Gayoso, fronte á Oficina de Turismo.
Tél.: 982 510 428

EN AUTOBUS

Dende a estación de autobuses de Vilalba, situada na rúa Lois Pena Novo, poderás viaxar coa empresa Arriva ata as principais cidades galegas, á costa e a varias localidades de interese turístico moi próximas á vila.

Os destinos, horarios e frecuencias están dispoñibles en: arriva.gal

Tél. compañía Arriva: 981 330 046

Oficina de Turismo de Vilalba
Plaza de Suso Gayoso nº1 27800 Vilalba (Lugo)
Teléfono: (+34) 982 52 39 11 turismo@vilalba.org